Nintendo supera a Sony na Bolsa nipona

martes, 26 de xuño do 2007

Nintendo estréase entre as 10 principais empresas xaponesas en capitalización bursátil superando a Sony, o que parece ser consecuencia directa do éxito das súas consolas, pois tanto a Wii como a DS superan amplamente os resultados de Sony coas súas PS3 e PSP.
As accións de Nintendo subiron ata os 46.350 iens, o que lle daría á compañía un valor de 6,57 billóns de iens (39.381 millóns de euros) fronte ós 6,48 billóns de iens de Sony (39.027 millóns de euros).
Esta situación parece que non cambiará a curto prazo, xa que as previsións de Sony ata marzo de 2008 continúa a situar á compañía por debaixo de Nintendo, e a propia Sony está a reestruturar os seus cadros de persoal para facer fronte á crise actual.

PUBLICIDADE