Novas convocatorias de axuda da ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración
martes, 17 de febreiro do 2026
A Xunta de Galicia vén de informar da apertura do prazo para solicitar tres liñas de axuda impulsadas pola ConsellerÃa de Emprego, Comercio e Emigración. Desde hoxe xa poden tramitarse os apoios á contratación incluÃdos no programa Galicia Suma Talento: Emprégate (19,7 millóns de euros), que incorpora un novo enfoque orientado ás persoas desempregadas con maiores dificultades de inserción laboral, no marco da renovación das polÃticas activas de emprego. Tamén queda aberta a convocatoria de apoio ás Iniciativas de emprego de base tecnolóxica (IEBT), cun orzamento de 500.000 euros, que contempla incentivos para a contratación indefinida, o inicio e posta en marcha da actividade, a conciliación da vida persoal, laboral e familiar e a función xerencial.
Pola súa banda, mañá activarase o prazo para solicitar as axudas da nova edición do Programa Investigo, dotado con máis de 4,8 millóns de euros para fomentar a contratación de menores de 30 anos nos ámbitos da investigación, a tecnoloxÃa e a innovación.
Galicia Suma Talento: Emprégate
O programa incorpora incentivos pioneiros para a contratación indefinida de persoas desempregadas que nos dous últimos anos completasen accións de AFD, obradoiros de emprego, programas integrados de emprego (aos que se destinarán 1,5 millóns de euros) ou un contrato formativo ao abeiro das axudas de primeira experiencia profesional (cun orzamento de 1 millón de euros). Ademais, por vez primeira nunha iniciativa destas caracterÃsticas, a axuda ao centro de traballo poderá incrementarse nun 25 % se a persoa contratada rematou estudos vinculados ás Bolsas Excelencia Mocidade Exterior (BEME) nos dous anos anteriores.
Outra das novidades céntrase en reforzar a inserción laboral das mulleres con máis dificultades de acceso ao mercado de traballo. AsÃ, increméntanse as axudas para a contratación de vÃtimas de violencia de xénero, de trata de seres humanos ou de mulleres con fillos menores de 3 anos que estivesen desempregadas por dedicarse ao coidado. Nestes casos, a achega poderá alcanzar os 10.000 euros por cada muller contratada.
A convocatoria prevé facilitar a contratación indefinida dunhas 2.500 persoas desempregadas pertencentes a colectivos con especiais dificultades de inserción: mocidade, mulleres vÃtimas de violencia de xénero ou trata, persoas con fillos menores de 3 anos, traballadoras en ocupacións masculinizadas, parados de longa duración, maiores de 52 anos, emigrantes retornados ou estranxeiros, asà como persoas con discapacidade ou en risco de exclusión social. As axudas dirÃxense a persoas empregadoras e empresas (incluÃdos autónomos e sociedades civÃs), ademais de entidades sen ánimo de lucro, centros especiais de emprego e empresas de inserción. O prazo de solicitude permanecerá aberto ata o 30 de setembro.
Apoio ás IEBT
Tamén desde hoxe e ata o 30 de setembro poderá solicitarse a convocatoria destinada a impulsar iniciativas empresariais de base tecnolóxica. A medida procura apoiar o funcionamento destes proxectos durante o seu primeiro ano de actividade, incluÃndo a contratación de persoal cualificado, con achegas que oscilarán entre os 10.000 e os 47.000 euros por entidade.
Poderán beneficiarse ata 21 empresas cualificadas. O obxectivo é facilitar que proxectos baseados no coñecemento cientÃfico e na investigación se transformen en empresas viables e con capacidade de consolidación no mercado. No caso de que a IEBT adopte a forma de cooperativa ou sociedade laboral, a contÃa incrementarase nun 25 %.
Programa Investigo
O Programa Investigo, cuxo prazo se abre mañá e se estenderá ata o 30 de setembro, prevé apoiar a contratación de entre 140 e 210 menores de 30 anos como persoal investigador, tecnólogo, técnico ou outros perfÃs ligados á I+D+i, segundo os módulos salariais aplicables. Do total do orzamento, reservarase novamente 1 millón de euros para entidades privadas sen ánimo de lucro dedicadas principalmente á I+D+i.
As contratacións formalizaranse mediante contratos indefinidos a tempo completo, cun perÃodo máximo subvencionado de 12 meses. As persoas destinatarias finais, de entre 16 e 30 anos, deberán estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego no momento de iniciar a relación laboral. Unha vez incorporadas, desenvolverán a súa actividade en sectores estratéxicos como a transición ecolóxica, a economÃa verde (incluÃndo enerxÃas renovables, eficiencia enerxética, tratamento de augas e residuos ou industria agroalimentaria), asà como na dixitalización de servizos, a enxeñarÃa de datos e a data science. As iniciativas poderán incluÃr tamén ocupacións vinculadas á sanidade e á investigación.
