Novo número da nosa edición impresa

martes, 15 de novembro do 2016 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención proxectos desenvolvidos en centros tecnolóxicos galegos como o CITC e Gradiant. Tamén destacamos outros temas como:
- Connecting for Good Galicia bota a voar cos seus primeiros seis proxectos sociais
- AMTEGA creará unha plataforma a prol da competitividade das explotacións agrícolas
- A cidadanía galega xa pode consultar en liña os seus procesos xudiciais
- A Deputación de Coruña avanza cara ao cero papel
- A Deputación de Lugo levou as TIC a 400 maiores no cuarto trimestre do ano
- Os máis referenciais expertos en TIC e seguridade xuntáronse na Coruña
- Unha xornada en Vigo pon de manifesto a necesidade de visualizar o papel da muller nas TIC
- Balidea desenvolve tecnoloxías que permiten a máis rápida actuación fronte ao ictus
- A Deputación de Pontevedra presentou ante os concellos o seu servizo de eAdministración
- O CESGA convocou ao máis senlleiro da nosa investigación en Machine Learning
- Todo sobre Wizapet, a aplicación galega amiga dos animaiI