Novo número da nosa edición impresa

martes, 27 de outubro do 2020 Marcus Fernández

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco dixital Magzter.
Nesta nova entrega dedicamos unha especial atención á celebración de GaliciaTIC, cita na que se constatou a transformación que a pandemia provocou nas empresas. Tamén abordamos os seguintes temas:
– Politica Lingüística impulsa un amplo programa de dinamización do galego a través de FalaRedes
– XoveTIC conecta a máis dun cento de novos investigadores de toda España e Portugal
– Dezanove estudantes de carreiras non tecnolóxicas realizarán prácticas en firmas TIC
– PassCOVID xa está dispoñíbel para iOS ofrecendo datos, avisos e alertas sobre a pandemia
– R, o CPEIG, a UDC, a UVigo e o CITIC impulsan a segunda edición de CyberSec@Gal
– O Goberno galego envorca esforzos na loita contra a violencia de xénero
– GAIN convoca a primeira edición dos Premios Galicia de Innovación e Deseño
– As JAI seguirán sendo referentes en Industria 4.0 cunha nova edición en clave virtual
– Talentia Summit ‘20 será virtual e contará con máis de mil prazas de formación
– A Tecnópole, a enxeñeira Sabela Ramos e a Cidade das TIC serán distinguidas polo CPEIG na Noite da Enxeñaría en Informática de Galicia
– XGN R Encounter, edición virtual, foi un éxito de participación malia a crise sanitaria
– A fibra óptica incrementa a súa presenza no noso rural e nas zonas históricas das cidades

PUBLICIDADE