Novo rato táctil de MSI
mércores, 15 de decembro do 2010
Os xestos
táctiles popularizados por dispositivos coma o iPhone están a ter certo éxito
en interfaces de control en equipos informáticos, e asà coma xa temos o Magic
Mouse e o Magic Trackpad de Apple e o rato Arc Touch de Microsoft, chega agora
o MSI
iTouch, un rato informático con 3 zonas táctiles que facilitan funcións
coma os desprazamentos de pantalla, o zoom ou a navegación web.
O rato ten unha cona central que substitúe a xa tradicional scroll wheel, ou sexa, que serve para os
desprazamentos verticais, contando tamén con dúas zonas (arriba e debaixo de
tal área) que podemos pulsar para complementar con xestos. É compatible con Mac
OS X e Windows, comunÃcase co ordenador sen fÃos a través dun receptor USB incluÃdo
e agárdase
que teña un prezo duns 50 euros.
Explicación do funcionamento do MSI iTouch