Novo todo-en-un de Velocity Micro
martes, 4 de decembro do 2012
O fabricante Velocity Micro, coñecido nos últimos tempos principalmente
por varios tablets a prezos bastante axustados, chega agora cun novo ordenador todo-en-un, o Edge
AIO, que cunha pantalla LED de 23,6 polgadas cunha resolución de 1.920 x
1.080 pÃxeles quere facerse un sitio no fogar grazas ao seu elegante deseño e a
un prezo que parte dos 799 dólares (609,12 euros).
Este equipo pode configurarse con procesadores Intel Core i3/i5/i7, 4 ou 8 Gb
de RAM e disco duro ou unidade de estado sólido, mentres que o equipo base
tamén conta con gravadora de DVD, Wi-Fi N, Bluetooth, USB 3.0, saÃda de vÃdeo
de alta definición, webcam (720p) e Gigabit Ethernet. Curiosamente inclúe
Windows 7, e para configuralo con Windows 8 hai que adquirir un disco
adicional, o que resulta un tanto rechamante, pois agora que Windows 8 xa está
no mercado o máis natural serÃa que viñese preinstalado nos equipos e non
deixasen o proceso de actualización nas mans do usuario.