Novo xogo das Tartarugas Ninja para Xbox 360

mércores, 5 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Hoxe chegou ao Bazar de Xbox LIVE o xogo TMNT: Turtles In Time Re-Shelled, que é un remake do xogo para a vella consola Super Nintendo (que antes tamén chegara ás máquinas recreativas) presentando gráficos en alta definición e conservará o clásico modo de ata 4 xogadores simultáneos.
Este beat’em up tiña fixado un prezo de 1.200 puntos, pero finalmente sae á venda por 800 puntos (9,6 euros) o que agradecerán todos os que queiran facerse con este título que permite rememorar as aventuras das Tartarugas Ninja nunha época na que deron pé a toda unha tartarugomanía.
Aínda que non está descartada a chegada deste título para PlayStation 3 ou Wii, polo momento só está previsto este lanzamento para a Xbox 360, que vén acompañado polo seguinte vídeo promocional:

PUBLICIDADE