O 17 de abril celébrase a V OlimpÃada Robótica da Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol
luns, 6 de abril do 2026
A Escola Politécnica de EnxeñarÃa de Ferrol (EPEF), organiza, en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), o venres 17 de abril, no Pavillón Municipal de Esteiro, a súa V OlimpÃada Robótica, un campionato dirixido ao alumnado da ESO de toda Galicia.
Ao longo da xornada, o alumnado participante, divido en grupos de entre 3 e 6 mozos e mozas, terá que superar tres retos: un segue-liñas con obstáculos, a proba do varredor e unha competición de sumo.
O estudantado de 1º e 2º da ESO competirá na CategorÃa Promesas e o de 2º e 3º na CategorÃa Elite.
Na proba do segue-liñas, o robot debe seguir unha traxectoria impresa e salvar aqueles obstáculos que se impoñan no seu camiño.
No varredor o alumnado terá que empregar algoritmos similares aos que usan as aspiradoras ou as máquinas de cortar o céspede e varrer todos os obxectos do taboleiro.
Por último, na competición de sumo, os equipos medirán as súas forzas nun cara a cara no que deberán expulsar ao robot contrario do taboleiro de xogo.
