O Apóstolo dase a coñecer no mercado cinematográfico do Festival de BerlÃn
luns, 15 de febreiro do 2010
O Apóstolo, o filme galego rodado con tecnoloxÃa stop-motion e dirixido por Fernando Cortizo, chegou estes dÃas ao European Film Market de BerlÃn, mercado internacional de cinema ligado á prestixiosa Berlinale e que este ano cobra especial importancia no panorama audiovisual por conmemorarse o seu 60 aniversario. Este foi o escenario onde foi presentado onte mesmo o filme galego, da man súa produtora executiva, Isabel Rey, quen afondou nos detalles da pelÃcula, que pasa por ser a primeira de toda Europa que se realiza integramente coa técnica stop-motion estereoscópica, un sistema mesturado de traballo que contribúe a crear a ilusión de fondura nos fotogramas.
Segundo informan os responsables do filme, ligado como o seu nome indica ao xacobeo que se celebra este ano, os asistentes á proxección de O Apóstolo tiveron a oportunidade de coñecer o primeiro tráiler oficial do filme asà como algunhas imaxes da rodaxe.
No transcurso do acto, onde a tenor do que conta o equipo da pelÃcula tamén deu a coñecer entre o público internacional a calidade probada do noso albariño, incidiuse asemade na estreita vinculación do proxecto coa Internet, a palestra principal de promoción do filme e, tamén, a canle a través da que se acadaron importantes apoios para a posta en marcha e desenvolvemento do proxecto, tal como comentamos co gallo da súa presentación na Coruña.