O COETG presenta este mércores un avance da Noite das Telecomunicacións
luns, 27 de outubro do 2008
O Colexio Oficial de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia (COETG) presentará, en rolda de prensa, o programa previsto para a celebración da XIII Noite Galega das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, que se celebrará o 7 de novembro, venres, no Gran Hotel da Toxa, ao redor da temática das Telecomunicacións e o Espazo. A rolda de prensa celebrarase o vindeiro mércores, 29, ás 12.00 horas, no Hotel Puerta del Camino (C/ Miguel Ferro Caaveiro s/n, Santiago de Compostela), Salón Obradoiro IV.