O CPEIG convoca a 17ª edición do Premio Traballo Fin de Máster en EnxeñarÃa Informática
mércores, 11 de marzo do 2026
O Colexio Profesional de EnxeñarÃa en Informática de Galicia (CPEIG) convocou a décimo sétima edición do Premio Traballo Fin de Máster en EnxeñarÃa Informática. O galardón, que será entregado no marco da XVIII Noite da EnxeñarÃa en Informática de Galicia o vindeiro 12 de xuño en Santiago (no Hotel OCA Puerta del Camino), quere ser un estÃmulo para os estudantes e titulados recentes no Máster en EnxeñarÃa en Informática.
Tal como se recolle nas bases do certame, poden concorrer ao premio todas aquelas enxeñeiras e enxeñeiros en informática que presentaran nunha universidade galega o Traballo Fin de Máster en EnxeñarÃa en Informática nos anos 2024, 2025 e 2026.
Aqueles estudantes que queiran optar ao premio do CPEIG poden remitir a documentación precisa (ficha resumo do traballo, resumo e memoria completa do mesmo) ata o dÃa 26 de abril ao enderezo electrónico: informacion@cpeig.gal. As bases e o formulario para presentar a candidatura pódense atopar na web colexial ou nos portais web das tres facultades que imparten a titulación.
Mediante a convocatoria do premio, o Colexio busca achegarse ao colectivo estudantil e defender as vantaxes da colexiación, ademais de estimular o traballo dos estudantes.
Os tres finalistas terán dereito a un ano de colexiación gratuÃta.
O gañador recibirá, ademais, unha gratificación económica de 1.000 euros. Unha comisión experta, integrada por representantes do CPEIG e das tres universidades galegas, valorará os traballos recibidos e seleccionará o traballo gañador. O fallo farase público a través da web e redes sociais do Colexio.
