O Energy T5650 permite gravar a TDT por USB e inclúe saÃda HDMI
mércores, 13 de maio do 2009
A finais de xuño
chegará ás tendas un novo receptor de TDT de Energy Sistem, que destacará
principalmente por 2 detalles: permitir a gravación da programación televisiva (nun
disco duro externo ou nunha memoria USB) e contar con saÃda HDMI (para
conectalo a un televisor de alta definición).
O Energy T6560
HDMI sintoniza o sinal da Televisión Dixital Terrestre, e permite o seu
reescalado ata 1.080i para que se poida ver con calidade en televisores de alta
definición (aÃnda que non soporta a TDT de alta definición). Amais, tamén ten
un porto USB que serve para a reprodución de vÃdeo (en DivX, Xvid, AVI e MPEG),
audio (MP3 e WMA) e imaxes (JPEG, BMP e GIF) e para a gravación en MPEG-2 do
sinal recibido a través da TDT. Convértese asà nun económico gravador de vÃdeo
dixital que resulta moi versátil xa que os programas gravados a través de USB
logo poderÃan copiarse a un PC comodamente. Tampouco lle falta a función de Time-Shift (para pausar e reanudar a
reprodución televisiva cando se desexe).
O prezo de venda deste receptor de TDT é de só 44,90 euros (IVE incluÃdo), o
que supón un incremento de só 5 euros con respecto do seu modelo
anterior sen saÃda HDMI, polo que parece unha compra bastante atinada para
usuarios que desexen gravar contidos da TDT ou incluso que queiran aproveitar
un monitor de ordenador con HDMI para a recepción televisiva.