O GTA: San Andreas se incorporará ao Bazar de Xbox Originals

xoves, 16 de outubro do 2008 Marcus Fernández

O GTA de máis éxito poderase mercar como descarga para Xbox 360

O éxito da edición de Grand Theft Auto IV non desmerece as anteriores entregas da saga de Rockstar, e para continuar a rendibilizala, o Bazar de Xbox LIVE incorporará na súa colección de títulos de Xbox Originals (xogos da anterior consola de Microsoft que funcionan no modelo novo e se poden adquirir mediante descarga) o Grand Theft Auto: San Andreas, que saíra en 2004 para a primeira consola Xbox (e para PS2) acadando unhas vendas que aínda o sitúan como o título máis vendido da saga con 21,5 millóns de copias (mentres que o GTA IV aínda vén de superar os 10 millóns de unidades vendidas).
O GTA: San Andreas poderase descargar por 1.200 Microsoft Points (uns 14,4 euros) polo que é unha boa opción para os que gusten deste tipo de xogos e non queren pagar os 69,95 euros que custa a última entrega ou simplemente queren rememorar a experiencia de xogo do vello título.