O Galaxy A9 terá pantalla de 6 polgadas e baterÃa de 4.000 mAh
xoves, 24 de decembro do 2015
Durante a celebración a celebración
da Galaxy A Party 2016 en China a compañÃa surcoreana Samsung anunciou o
seu novo Galaxy A9, un novo smartphone con pantalla Super AMOLED Full HD de 6
polgadas, que vai
saÃr á venda en xaneiro en China, descoñecéndose polo momento cando chegará
ao noso mercado e o seu prezo.
Este novo teléfono funciona cun procesador Qualcomm Snapdragon 652, 3 GB de
RAM, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD), cámaras
de 13 e 8 MpÃxeles e NFC (para soportar Samsung Pay), do que hai que salientar que
o seu grosor é de só 7,4 milÃmetros, o que non impide que albergue no seu
interior unha baterÃa de 4.000 mAh, que é o máis destacable deste terminal de
Samsung (que ao limitar a súa resolución de pantalla a 1.080p, poderÃa dar unha
magnÃfica autonomÃa).
O Samsung Galaxy A9 chega cun deseño de metal e cristal, propios da liña Galaxy
A, incluÃndo tamén un lector de pegadas dixitais no seu botón de inicio fÃsico.
Deste xeito complétase a familia Galaxy A cun interesante tabletófono.
- O Galaxy A9 ten elegantes acabados de cristal e metal.