O Gangnam style supera os 2.000 millóns de reproducións en YouTube

luns, 2 de xuño do 2014 Marcus Fernández

A finais do 2012 o vídeo musical do surcoreano PSY conseguiu converterse no vídeo máis reproducido da historia de YouTube, para poucas semanas despois superar os 1.000 millóns de reproducións, e pese a que o seu fenómeno xa pode darse por concluído, conserva un importante volume de reproducións, de xeito que finalmente conseguiu ser o primeiro vídeo en superar os 2.000 millóns de reproducións, conseguindo imporse ao Baby de Justin Bieber ou ao Wrecking Ball de Miley Cyrus, así como a moitos outros vídeos virais.
Pero PSY non só conseguiu bater marcas co seu Gangnam Style, senón que co seu seguinte vídeo musical, Gentleman, tamén bateu o record de máis reproducións nun único día de todos os tempos (38 millóns de reproducións o 14 de abril de 2013).
Dende YouTube destacan que o fenómeno do Gangnam Style conseguiu dar visibilidade internacional ao K-Pop (ou pop surcoreano), que cada vez consegue máis éxitos en YouTube, pasando duns 700 millóns de reproducións en YouTube en 2010 a máis de 5.500 millóns de reproducións en 2013.

PUBLICIDADE