O Goberno recoñece aos videoxogos como cultura

venres, 27 de marzo do 2009 Marcus Fernández

A Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados establece que «o videoxogos constitúe un ámbito fundamental da creación e a industria cultural de España. En Consecuencia, insta ao Goberno a recoñecer aos seus creadores e emprendedores como protagonistas da nosa cultura» así como «a facilitar o seu acceso a todas as axudas para a promoción da súa actividade, o financiamento como industria cultural e a internacionalización das súas iniciativas», aspiracións que o sector tiña dende hai moitos anos, e que tiveron que agardar a que a industria acadase o 57% dos ingresos do mercado do lecer doméstico, superando amplamente á música e ao cine.
Esta nova podería facer máis doada a creación de videoxogos en España, pois estamos nun país cun elevado consumo de videoxogos que non ten unha contraprestación proporcional no desenvolvemento dos mesmos (algo que si pasaba a finais da década dos 80, na chamada Idade de Ouro do Soft Español).

PUBLICIDADE