O ILG e o CiTIUS lanzan un curso de verán sobre humanidades dixitais
mércores, 12 de xuño do 2024
O Instituto da Lingua Galega (ILG) e o Centro Singular de Investigación en TecnoloxÃas Intelixentes (CiTIUS) da Universidade de Santiago de Compostela organiza unha formación estival que pon o foco nos novos xeitos de xerar, preservar e transmitir coñecemento. Trátase do Curso de Verán. Humanidades Dixitais: recursos, ferramentas e servizos, que se celebra en Santiago entre o 15 e o 18 de xullo.
Este curso proporcionará ao alumnado os contidos e competencias necesarios para a posta en marcha ou para a participación en proxectos de innovación dixital no ámbito das Humanidades e das Ciencias Sociais. Asemade, permitiralle achegarse a diferentes proxectos de Humanidades Dixitais, particularmente os desenvolvidos en Galicia, asà como coñecer as infraestruturas dixitais de investigación DARIAH e CLARIN.
O prazo de matrÃcula está aberto desde o 15 de maio ata o 5 de xullo. Pode consultarse tanto a información relativa á matrÃcula coma o programa na páxina da actividade formativa.
Os contidos serán impartidos por Patricia MartÃn Rodilla (CSIC), Paulo Gamalho (Universidade de Santiago de Compostela), Alberto BugarÃn (Universidade de Santiago de Compostela), Ulises Cortés (Universitat Politècnica de Catalunya / Barcelona Supercomputing Center), Susana Sotelo (Universidade de Santiago de Compostela), Daniel Lisbona (Fundación Ibercivis), Andrea Menéndez Arboleya (Universidad de Oviedo), Gabriela Prego & Luz Zas (Universidade de Santiago de Compostela), Pilar Rico (Fundación Española para la Ciencia y la TecnologÃa), Eneko López de Subijana (Wiktionary), Domenico Fiormonte (Universidade de Roma Tre), VÃctor Millet (Universidade de Santiago de Compostela), César González Pérez (INCIPIT, Centro Superior de Investigacións CientÃficas), Fátima Diez Platas (Universidade de Santiago de Compostela), Helena Bermúdez Sabel (JinnTec), German Rigau (Universidad del PaÃs Vasco / Euskal Herriko Unibersitatea), Elena Battaner (Universidad Rey Juan Carlos), MarÃa Dolores Romero (Universidad Complutense de Madrid), Mikel Iruskieta (Universidad del PaÃs Vasco / Euskal Herriko Unibersitatea) e Adina Vladu (Universidade de Santiago de Compostela).