O LG Gram terá versión con pantalla táctil
mércores, 12 de decembro do 2018
Dende hai varios anos LG leva ao CES de Las Vegas a súa nova
xeración de ultraportátiles LG Gram, que destacan por ser delgados, lixeiros e
con grandÃsima autonomÃa, consolidándose como todo un referente do mercado;
pero este ano atrévense a dar un paso máis, e evolucionan a serie ofrecéndoa en
dous camiños diferentes, de xeito que teremos
un tradicional LG Gram de 17 polgadas e un LG Gram 2-en-1 con pantalla de 14
polgadas.
O LG Gram 17 consegue introducir unha pantalla de 17 polgadas cunha resolución
de 2.560 x 1.600 pÃxeles nun corpo propio dos equipos con pantalla de 15,6
polgadas, e pese ao seu tamaño, consegue conter o seu peso en 1.340 gramos,
polo que serÃa o portátil con pantalla de 17 polgadas máis lixeiro do mercado
que, ademais, presume dunha autonomÃa de até 19,5 horas.
Este equipo conta igualmente cun procesador Intel Core de nova xeración con até
16 GB de memoria DDR4, 256 GB de SSD e un espazo para poder incorporar unha
unidade SSD adicional en formato M.2 (no caso de precisar maior capacidade de almacenamento).
No caso do LG Gram 2-en-1, temos unha pantalla IPS táctil de 14 polgadas que
pode xirarse 360 graos, ou sexa, un equipo convertible, que busca funcionar
como ordenador portátil tradicional, pero que pode transformarse nunha
ferramenta de creatividade, especialmente se tirarmos proveito do lapis Wacom
con 4.096 niveis de precisión e detección de inclinación, de xeito que consegue
unha experiencia de debuxo natural e precisa.
Este equipo tamén ten unha elevada autonomÃa, que pode chegar até as 21 horas,
que xunto co seu peso de 1.145 gramos convérteo nun produto altamente portátil.
Ambos equipos teñen teclado retroiluminado, USB 3.1 tipo C, saÃda HDMI e lector
de pegadas dixitais.
- Os equipos LG Gram presumen de portabilidade polo seu peso reducido e elevada autonomÃa