O Mario Kart 7 inspira un volante para a 3DS

martes, 25 de outubro do 2011 Marcus Fernández

Cando o xogo Mario Kart chegou á Wii, vendíase cun accesorio que daba forma de volante ao mando da consola doméstica (que non era imprescindible para xogar) e en vista do atractivo dunha simple peza de plástico, o fabricante Hori vai comercializar un accesorio semellante para a Nintendo 3DS de cara ao lanzamento do xogo Mario Kart 7, que permitiría un cómodo agarre da consola portátil e tamén incluiría os botóns L e R. Este trebello estaría licenciado oficialmente por Nintendo e nun principio está confirmado o seu lanzamento no Xapón o vindeiro 1 de decembro a un prezo de 1.280 iens (uns 12 euros).

Imaxe conceptual do que podería ser o novo accesorio de Hori para a Nintendo 3DS

PUBLICIDADE