O OSIMGA amplía este ano as súas liñas de estudo
mércores, 25 de maio do 2016
O pleno anual do Observatorio da Sociedade da Información e
a Comunicación de Galicia (OSIMGA) celebrouse esta mañá en Santiago de
Compostela, presidido pola directora da AMTEGA, Mar Pereira, que deu conta das
medidas desenvolvidas no primeiro ano da Axenda Dixital de Galicia 2020. En
2015 a Axenda Dixital para 2020 mobilizou 158 millóns de euros nas actuacións
das súas cinco liñas estratéxicas: Valoración da Administración, Énfase na vida
Dixital, Aceleración da Economía Dixital, Estímulo ao Crecemento do Sector TIC
e Articulación Dixital do Territorio.
O
OSIMGA amplía o seus ámbitos de análise con tres novos estudos específicos
sobre: o uso das TIC entre as persoas maiores e entre as persoas con
discapacidade; e a situación da sociedade da información no rural e tamén presentará
este ano dous traballos ligados a medidas da Axenda Dixital de Galicia 2020:
Mapa da Innovación Social Dixital en Galicia, enmarcado no Plan de Inclusión; e
o estudo sobre a Demanda de novos Perfís Dixitais, contemplado no Plan
TransformaTIC. O Observatorio realizou o pasado ano un total de 40 informes e a
súa web recibiu máis de 100.000 visitas.
O traballo do OSIMGA permite coñecer o nivel de
desenvolvemento, a tendencia e os problemas que poden afectar á extensión da
Sociedade da Información na Comunidade e facilita a definición das políticas
públicas neste ámbito. Ademais, o Observatorio é o organismo encargado do
seguimento e avaliación das medidas políticas tecnolóxicas da Administración
autonómica.