O PIE da comarca de Ferrol formará a mulleres desempregadas en IA e Big Data
venres, 2 de xaneiro do 2026
Intelixencia artificial e análise da información a gran escala (Big Data), limpeza industrial, comercio e loxÃstica, cociña, agricultura ecolóxica, xestión de comunidades virtuais ou soldadura. Son algún dos contidos sobre os que xirarán as accións de formación para o emprego previstas no Programa Integrado de Emprego 2025-26 que promove a Mancomunidade de Concellos da Comarca de Ferrol co financiamento da Xunta e do Servizo Público de Emprego Estatal.
O Servizo de Orientación Laboral do Concello de Fene lembrou co inicio do ano que aÃnda quedan algunhas prazas dispoñibles para as veciñas do termo municipal interesadas en participar nesta nova edición do PIE.
O programa vai dirixido a mulleres en situación de desemprego inscritas na Oficina de Emprego e con residencia en calquera dos concellos participantes: Ares, Cedeira, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda ou Valdoviño.
Ten unha duración de 12 meses e o seu obxectivo principal é achegar ferramentas ás participantes para mellorar a súa empregabilidade e lograr a inserción laboral.
Con esta finalidade, conxugaranse accións individuais co persoal técnico do programa (orientación laboral, asesoramento, información, itinerarios personalizados de inserción...) con accións formativas, tanto transversais como especÃficas para o emprego.
Algunhas das actividades previstas son: cursos de técnicas de busca de emprego, de habelencias sociais, alfabetización informática, Internet, redes sociais e dispositivos dixitais, conversa de Inglés, fomento da capacidade emprendedora, técnicas de adestramento (coaching) e intelixencia emocional, técnicas de motivación para a busca de emprego e mobilidade laboral.
En canto á formación especÃfica para o emprego, estará estruturada en seis itinerarios: NTICS (Intelixencia artificial e Big Data); construción naval (coldadura, PRL, xestión medioambiental no sector naval); limpeza industrial; cociña; comercio e loxÃstica e agricultura ecolóxica. Esta formación inclúe, ademais do traballo de aulas, a realización de prácticas profesionais non laborais en empresas da contorna.
O programa contará, ademais, con medidas de apoio á conciliación familiar, persoal e laboral, para facilitar a participación de todas aquelas usuarias que teñan persoas maiores ou menores a cargo.
Asà mesmo, terán dereito a percibir unha bolsa de 10€ por dÃa de asistencia ás accións do programa.
