O Redmagic 8 Pro terá unha batería de 6.500 mAh

luns, 18 de decembro do 2023 Marcus Fernández

A marca de móbiles Nubia lanzou en febreiro o seu smartphone Redmagic 8 Pro, e sen deixar pasar un ano presenta o seu sucesor, o Redmagic 9 Pro, que volve querer conquistar aos amantes dos xogos para móbil sorprendendo desta volta porque, aparte dun potente procesador Qualcomm Snapdragon 8 Gen 3, tamén conta cunha xigantesca batería de 6.500 mAh, que promete unha autonomía de até 57 horas e cunha carga de 80 watts que permite unha recarga completa en menos de 35 minutos.
O Redmagic 9 Pro está equipado cunha pantalla AMOLED Full HD+ de 6,8 polgadas cunha velocidade de refresco de até 120 Hz e un brillo de até 1.600 nits, 12/16 GB de RAM LPDDR5X, 256/512 GB de almacenamento interno UFS4.0, sistema de refrixeración ICE 13, luz RGB personalizable e conector para auriculares.
No apartado de cámaras, ten unha curiosa configuración, xa que conta con 2 cámaras traseiras de 50 Mpíxeles con estabilización óptica, mentres que a cámara frontal é de 16 Mpíxeles e está agochada baixo a pantalla. En calquera caso, cómpre lembrar que as cámaras dos móbiles gaming nunca destacaron pola súa calidade.
Está previsto que chegue en breve, cun prezo de entre 649 e 799 euros en función da súa configuración.

PUBLICIDADE