O Search Live de Google chega a España
xoves, 26 de marzo do 2026
Google anunciou a expansión global de Search Live, a súa funcionalidade de busca conversacional en tempo real integrada no Modo IA, que pasa a estar dispoñible en máis de 200 paÃses e territorios, incluÃndo a España, e en todos os idiomas compatibles co sistema.
A novidade permite aos usuarios manter conversas interactivas co buscador tanto mediante voz como a través da cámara do dispositivo, apoiándose no novo modelo Gemini 3.1 Flash Live. Este sistema ofrece respostas máis naturais, maior rapidez e unha mellor fiabilidade, ademais de contar cun funcionamento multilingüe nativo que facilita o seu uso en diferentes linguas sen configuración adicional.
Search Live está concibido para situacións nas que a interacción tradicional mediante texto resulta insuficiente. O acceso realÃzase desde a aplicación de Google en Android e iOS, tocando a icona correspondente situada baixo a barra de busca. A partir dese momento, o usuario pode formular preguntas en voz alta, recibir respostas tamén en formato de audio e continuar a conversa con novas cuestións ou ampliando a información mediante ligazóns web.
Un dos elementos máis salientables da ferramenta é a integración co sistema de cámara. Ao activala, o buscador pode interpretar o que o usuario está a ver en tempo real e ofrecer suxestións contextualizadas. Por exemplo, permite identificar obxectos, analizar caracterÃsticas (como o estilo dun moble) ou propoñer accións relacionadas, acompañadas de recursos adicionais na web.
A funcionalidade tamén se integra con Google Lens. Cando o usuario xa está a empregar a cámara a través desta aplicación, pode activar o modo Live para iniciar unha conversa fluÃda sobre os elementos que aparecen na imaxe, combinando asà recoñecemento visual e interacción conversacional.
