O Siemens miniTek achega a música aos audÃfonos
xoves, 14 de outubro do 2010
Pensando nos usuarios
de audÃfonos da súa marca, Siemens
vén de presentar o miniTek, un complemento sen fÃos que ten forma dunha
pequena caixa con botóns que recibe son de dispositivos Bluetooth (coma un
móbil ou algún reprodutor multimedia) ou de trebellos (coma televisores) aos
que se conecte o emisor pertinente, para transmitilo directamente á canle
auditiva do usuario, aproveitándose os botóns para o control multimedia.
O Siemens
miniTek ten unha autonomÃa dunhas 5 horas para a transmisións musical e de
todo o dÃa para simples funcións de mando a distancia. Pode sincronizarse a 2
dispositivos á vez, o seu control é sumamente doado, o seu tamaño discreto e o
seu peso de 55 gramos, aÃnda que non coñecemos o prezo deste dispositivo
compatible con todos os audÃfonos sen fÃos de Siemens.
- O miniTek pode empregarse coma mans libres Bluetooth
- O Siemens miniTek é un excelente complemento para a reprodución multimedia para os usuarios con audÃfonos