O Xiaomi Mi Note PRO sairá á venda a semana que vén
mércores, 6 de maio do 2015
O pasado mes de xaneiro anunciáronse os
novos tabletófonos de Xiaomi, que
co Mi Note PRO parecÃan querer colocarse á cabeza do seu segmento de
smartphones a nivel mundial (cando menos no que a especificacións se refire) e
finalmente prepárase o seu lanzamento, de xeito que esta mañá o director xeral de
Xiaomi, Lei Jun, confirmou en rolda de prensa que teriamos o novo dispositivo á
venda o vindeiro dÃa 12 a un prezo de 2.999 iuans (426,82 euros), o que
supón un prezo 299 iuans menos ao previsto.
Aparte de coñecerse a data de lanzamento no mercado chinés deste atractivo
smartphone, tamén coñecemos por fin as súas especificacións completas, que son
de auténtico infarto, xa que o Mi Note PRO chega cunha pantalla de 5,7 polgadas
cunha resolución de 2.560 x 1.440 pÃxeles (o que supón unha densidade de 515
puntos por polgada) cunha tecnoloxÃa que facilita o se uso baixo a luz do sol,
procesador Qualcomm Snapdragon 810 de 8 núcleos e 64 bits (que promete ter
solucionado os problemas de calor que denunciara Samsung hai uns meses), 4 GB
de RAM, 64 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 13 MpÃxeles con estabilización
óptica de imaxes, sensor CMOS Sony IMX214 e controis máis propios dunha cámara
réflex, cámara frontal de 4 MpÃxeles, conectividade LTE de até 450 Mbps, Wi-Fi
AC e baterÃa de 3.090 mAh. O seu acabado tamén parece bastante coidado, con
cristal curvo 3D na súa traseira e cristal curvo 2,5D na súa parte frontal,
aÃnda que os amantes dos terminais de grande potencia estarán máis interesados
en saber que este móbil consegue unha puntuación en AnTuTu de 63.424 (superando
os 62.373 puntos que consegue o Samsung Galaxy S6 Edge, que é o terminal máis
desexado neste momento).