O apagamento analóxico achegará novas canles de televisión
martes, 15 de decembro do 2009
- Cadro de posibles canles publicado hai uns meses por MundoPlus
O
apagamento analóxico non só suporá un punto de non retorno para a televisión en
España, senón que deixará un espazo radioeléctrico libre que repartirase entre
novas canles televisivas e servizos de banda larga sen fÃos, e dentro dos
primeiros dende Televisión Española van ampliar a súa oferta de canles, quedando con 8 programas
que serán La 1, La 2, Canal 24 Horas, Clan TVE, Teledeporte, Cultura.es (nome
provisorio da canle), TVE HD (que emitirá en alta definición) e TVE
Internacional, de xeito que os contidos das canles Docu TVE e Canal Clásico
integraranse nas novas canles de Cultura.es e alta definición.
Dende a Corporación RTVE tamén aseguran que ampliarán as súas horas de emisión,
chegando a 39.751 horas en primeira emisión e con 32.609 horas en redifusión
(normalmente en horarios de menor audiencia).
Pero TVE non será a única que ampliará
a súa oferta de programas, e agárdase que Antena 3 lance unha nova canle en
aberto (actualmente emite unha chamada Ver-T en Madrid) e incluso unha canle de
pagamento en alta definición, mentres que Telecinco tamén poderÃa facer algo
semellante, podendo incluso retomar unha canle deportiva.
Cuatro tamén poderÃa lanzar unha nova canle, posiblemente de pagamento, para
explotar as series de ficción das que teñen os correspondentes dereitos de
emisión.
Tampouco podemos descargar que volvan canles coma Hogar 10 (de La Sexta) ou Fly
Music (de Net TV).
Do que non hai dúbidas é que 2010 será o ano no que as compañÃas incrementen o
uso do formato panorámico e da alta definición, adaptándose asà ao parque de
televisores actual, xa que na actualidade os televisores 4:3 están
practicamente desaparecidos dos establecementos comerciais, polo que resulta
lamentable que a meirande parte das canles continúen a emitir en formatos
optimizados para un tipo de pantalla que poderiamos considerar obsoleta.