O ciclo de conferencias da RAGC remata en clave aeroespacial
mércores, 12 de xuño do 2024
- O enxeñeiro galego Alejandro CardesÃn
Mañá, xoves 13 de xuño, celebrarase a derradeira xornada dentro do ciclo de conferencias organizadas pola Real Academia Galega de Ciencias (RAGC) e a Deputación da Coruña titulado Fronteiras, dende a orixe do universo ata a exploración espacial. As charlas desenvolveranse das 17 ás 20:30 horas, e tamén poden seguirse en directo a través da canle de Youtube da RAGC.
Indo á xornada de peche deste xoves, levarase a cabo na Casa das Ciencias da Coruña e centrarase na exploración e observación espacial. A este encontro asistirán: a concelleira de Innovación, Mobilidade e Infraestruturas do Concello da Coruña, Nereida Canosa; e do director dos Museos CientÃficos Coruñeses, Marcos Pérez; xunto ás coordinadoras do ciclo: a catedrática de AstronomÃa e AstrofÃsica da Universidade da Coruña Minia Manteiga, académica e secretaria da RAGC; e a catedrática de AstronomÃa e AstrofÃsica da Universidade de Vigo Ana Ulla.
A sesión comezará coa intervención do enxeñeiro aeroespacial galego Alejandro CardesÃn, con 20 anos de experiencia en misións planetarias da Axencia Espacial Europea como cientÃfico do Centro Europeo de AstronomÃa Espacial en Madrid. Experto na exploración de Marte, é responsábel de operacións cientÃficas da misión Mars Express, membro dos grupos de traballo cientÃfico da NASA e presidente do Nodo Ibérico da Sociedade Europlanet. Indica que as ciencias planetarias en España e Portugal inclúen máis de 400 cientÃficos e enxeñeiros traballando na investigación e o desenvolvemento tecnolóxico para a exploración planetaria.
De seguido intervirá Almudena Alonso, cientÃfica do Centro de AstrobiologÃa do CSIC e investigadora do Consorcio Europeo de MIRI, un dos instrumentos do telescopio espacial James Webb. Traballou nas universidades de Oxford, Hertfordshire e Arizona. O seu ámbito de investigación é a evolución de galaxias, centrándose nos procesos que dan lugar á formación de novas estrelas e ao crecemento dos buratos negros supermasivos.
Na súa intervención explicará os descubrimentos realizados grazas ao telescopio espacial James Webb, o observatorio astronómico de maior tamaño enviado ao espazo en decembro de 2021.
Despois será a quenda de Ricardo Hueso, catedrático de FÃsica Aplicada da Universidad del PaÃs Vasco e membro do seu Grupo de Ciencias Planetarias. Investiga fenómenos que acontecen nas diferentes atmosferas de planetas como Venus, Marte, Xúpiter ou Neptuno. Durante a súa carreira foi membro dos equipos de investigación de múltiples misións espaciais tanto da Axencia Espacial Europea (ESA) como da NASA. Abordará a exploración dos xigantes gasosos e as súas lúas xeadas.
Nesta liña, explica que Xúpiter e Saturno están formados principalmente por hidróxeno e helio e as súas atmosferas están cubertas por nubes exóticas cunha complexa meteoroloxÃa.
Como peche da xornada os asistentes poderán manter un debate cos expertos que participan neste encontro. E para rematar, realizarase unha sesión no planetario da Casa das Ciencias.
Pódese participar de balde nesta conferencia, de xeito presencial ou en liña, previa inscrición na web.