O director da AMTEGA participa nunha xornada sobre a creación dun ecosistema de IA en España
mércores, 17 de decembro do 2025
O director da AMTEGA, Julián Cerviño, participou hoxe en Madrid no encontro DesafÃo ALIA: Impulsando o ecosistema da IA en España, unha xornada que congrega profesionais, institucións e axentes do ecosistema dixital para reflexionar sobre os retos e oportunidades na construción dunha intelixencia artificial máis responsable, eficiente e sustentable.
Galicia foi pioneira na aprobación dunha lei autonómica especÃfica neste ámbito, que establece un marco normativo avanzado para garantir un uso ético, seguro e responsable da IA na Administración. Ademais, no marco da súa aposta polas tecnoloxÃas transformadoras, foi tamén unha das primeiras comunidades autónomas en dotarse dunha Estratexia propia de intelixencia artificial para impulsar o seu desenvolvemento no territorio.
A través desta folla de ruta, a Xunta promove unha estratexia integral orientada a fomentar a innovación, mellorar os servizos públicos e reforzar a competitividade do tecido económico galego, apoiándose no despregamento de infraestruturas dixitais avanzadas e no impulso do talento.
Cómpre salientar que no evento celebrado en Madrid tivo lugar unha mesa redonda sobre SoberanÃa na era da IA na que un dos seus catro participantes foi o director do CiTIUS, Senén Barro, a quen podemos escoitar no seguinte vÃdeo:
