O empresariado de Ferrolterra fórmase esta semana en facturación electrónica
luns, 28 de xaneiro do 2019
A
Asociación de Empresarios de Ferrolterra vai achegar luz esta semana
sobre algúns dos detalles máis relevantes que deben coñecer as
empresas e os autónomos no seu camiño cara a transformación
tecnolóxica. Estamos a falar da xornada informativa A
facturación electrónica entre subcontratistas e contratistas
do sector público, empresas privadas... Na sesión afrontaranse as
principais metodoloxías a seguir para a implantación nunha empresa
do devandito
sistema de xestión
dixital. O obxectivo da xornada é “fomentar o emprego da
facturación electrónica mediante a difusión dos beneficios que
ofrece e a aplicación práctica nas empresas”.
Amais,
a AEF quere axudar ás firmas da contorna a adestrarse e prepararse
en base aos cambios que supón o novo modelo. A xornada será
impartida por Daniel Cerqueiro, que conta con máis de 15 anos de
experiencia nas TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación),
é licenciado e doutoramento en Ciencias Físicas e actualmente é
CMO da empresa Enxendra.
Nesta
xornada, que se celebra este mércores 30 de 10.00 h. A 11.30 h na
sede da AEF, abordaranse diferentes aspectos relacionados coa
facturación electrónica: formato e características técnicas;
situación en España no sector publico e entre empresas privadas, o
marco normativo, plataformas FAC e B2B, impacto entre contratistas e
subcontratistas, alternativas para crear facturas electrónicas, etc.
Os asistentes poderán aclarar as dúbidas sobre a súa
obrigatoriedade, utilización, elaboración das facturas electrónicas
e integración na empresa. Para poder participar cómpre formalizar a
inscrición en info@empresarios-ferrolterra.org ou no teléfono 981
33 33 05.