O eñe chegará en outubro ós dominios .es

venres, 8 de xuño do 2007

O Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, como xa tiña anunciado, permitirá o rexistro de dominios baixo o sufixo .es con caracteres coma o eñe, a til, a ç ou a diérese a partires do vindeiro mes de outubro.
Para evitar o secuestro de dominios se establecerá unha fase transitoria de rexistro na que se dará prioridade á protección de marcas. Nos casos nos que poida haber unha mesma prioridade de asignación se abrirá unha poxa en directo a través da Internet para decidir quen rexistra o nome de dominio.

PUBLICIDADE