O estilista de Beyoncé comercializa unha funda de móbil para iluminar os selfies
luns, 4 de xaneiro do 2016
Non sorprende ver como figuras do mundo do espectáculo se
apuntan a apadriñar produtos electrónicos, pero agora incluso os profesionais
que traballan para eles fan o mesmo, e agora temos que Ty Hunter, “o estilista
de Beyoncé”, creou unha funda para smartphones que incorpora luces LED para
axudar a disparar mellores selfies.
Por fortuna, este accesorio contará con batería de seu, para non afectar á
autonomía do teléfono, pero o seu prezo non é precisamente atractivo xa que a Ty-Lite Protective Lighted Case véndese por
79,99 dólares en modelos para iPhone 5s, 6/6s, 6 Plus e Samsung Galaxy S6,
polo que non parece estar ao alcance de todos os petos. O modelo para iPhone 6
e 6s xa está dispoñible, os do resto de iPhone chegarán este mesmo mes, mentres
que o do Galaxy S6 tardará un pouco máis en estar dispoñible.
Este curioso accesorio inclúe tres configuracións diferentes (frío, cálido e
brillante) para adaptarse a distintas situacións, e permitirían non só disparar
mellores fotografías, senón tamén mellorar as gravacións de vídeo.
Tamén resulta rechamante ver que non é o único accesorio deste tipo no mercado,
senón que tamén hai outras fundas luminosas
para os mesmos terminais que a funda de Ty-Lite, da marca LuMee e que teñen
un prezo de 49,95-59,95 dólares, polo que previsiblemente beneficiarase do hype creado polo novo accesorio.
Vídeo no que podemos ver o funcionamento do modos de iluminación da funda Ty-Lite