O eviGroup comercializa un MID baseado en Android
xoves, 20 de maio do 2010
O fabricante francés
eviGroup vén de incluÃr no seu catálogo de produtos un MID con pantalla de 5
polgadas cunha resolución de 800 x 480 pÃxeles, procesador Samsung
ARM 6410 a 533/667 MHz, 256 Mb de RAM, 1 Gb de memoria interna ampliable
mediante tarxetas microSD, Wi-Fi N, Ethernet, 6 horas de autonomÃa, unhas
dimensións de 132 x 87 x 14 milÃmetros, un peso de 185 gramos e o sistema
operativo Android 1.5.
O Wallet pode mercarse por 199 euros (aos que haberÃa que engadir 29 euros en
concepto de portes), polo que pode ser un interesante dispositivo para acceder
á Rede, reproducir contidos multimedia e ler documentos.
O mesmo fabricante tamén vende
o Pad Elite, un dispositivo semellante con pantalla de 10,6
polgadas, procesador Intel Atom e sistema operativo Windows 7 Home Premium que
venden por 599 euros (podendo adquirirse por 60 euros menos no caso de non
incorporar o sistema operativo preinstalado).
Desempaquetado do evi Wallet