O éxito do iPod chega ós videoxogos

mércores, 11 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Os reprodutores multimedia de Apple non paran de medrar, e a poucos días do lanzamento no seu novo iPod shuffle (que se comezará a vender o 15 de outubro a 79 euros) sabemos que non só os iPod dominan a metade do mercado mundial de dispositivos reprodutores de MP3, senón que a súa presenza no mercado norteamericano é do 75%.
Ademais, a evolución destes dispositivos achegou primeiro música, logo fotografías e finalmente vídeos, pero para rematar de redondear o produto, a última revisión dos iPod tamén incorpora videoxogos.
O xogos para a versión 5 do iPod son unha combinación de clásicos con outros produtos menos coñecidos (pero igualmente aditivos). Así, os dous xogos máis populares serían, sen dúbida, o Pac-Man (tamén coñecido coma comecocos) e o Tetris.

Pac-Man
A versión do Pac-Man está lonxe de ser unha versión reducida do xogo, pois incorpora os seus 256 niveis (ou fases) polo que garanten moitas horas de xogo comendo puntos e froitas e esquivando pantasmas de cores mentres sona unha música electrónica repetitiva.



Mini Golf
Outro dos xogos que tamén pode gozar de moito éxito é o Mini Golf, que asemella algúns dos xogos que xa inclúen numerosos teléfonos móbiles, e que conta con 18 ocos e 2 pistas adicionais (para os usuarios que rematen as anteriores por debaixo do par). Tamén presenta un modo multixogador por turnos.

Zuma
E o xogo definitivo para moito poderá ser Zuma, que nun principio non conta con sona que merece, e que estaría inspirado en xogos coma o Puzzle Booble, consistindo no manexo dunha ra de pedra que bota bolas de cores pola boca e que se van lanzando a unha liña de bolas de xeito que ó atopar outras da mesma cor fainas desaparecer, sendo o obxectivo do xogo facer desaparecer tódalas bolas.
Vemos así que os xogos para iPod son simples e poden así xogarse nos últimos reprodutores multimedia de Apple, de xeito que permite espallar as súas funcións de lecer.

PUBLICIDADE