O novo dron económico de DJI grava vÃdeo en 4K
luns, 29 de abril do 2024
DJI está a ampliar a súa familia de drons económicos de menos de 250 gramos de peso (para non ter que someterse a duras lexislacións sobre o uso deste tipo de dispositivos voadores) e, aÃnda que polo momento non aparece na súa páxina web, xa está dispoñible para a súa compra en Amazon o novo DJI Mini 4K.
Este dron, que pode mercarse na súa configuración básica por 299 euros e con un centro de carga, baterÃas adicionais e bolsa de transporte por 439 euros, pode verse como a evolución do DJI Mini 2 SE, pero que desta volta conta con gravación de vÃdeo 4K a 30 imaxes por segundo (en contraste coa resolución 2,7K do anterior modelo económico da compañÃa).
O DJI Mini 4K pode verse asà como un magnÃfico dispositivo de iniciación, cun tamaño compacto, un peso de menos de 249 gramos, gravación de vÃdeo 4K, transmisión de vÃdeo HD até a 10 quilómetros de distancia, disparo de fotografÃas de 12 MpÃxeles, baterÃa cunha autonomÃa de até 31 minutos de voo e funcións de gravación intelixente (QuickShots Espiral, Dronie, Órbita e Boomerang), regreso ao punto de orixe e voo estacionario estable pro GPS.
Cómpre salientar que o lanzamento deste dron non supón a desaparición do DJI Mini 2 SE, que vén de rebaixar o seu prezo até os 259 euros, polo que pode ser tamén unha boa opción para introducirse no mundo dos drons con cámara.
- O DJI Mini 4K ten especificacións moi completas pese ao seu axustado prezo