O plan con publicidade de Prime Video poderÃa chegar con menos calidade de audio e vÃdeo
martes, 13 de febreiro do 2024
O anuncio de que Prime Video vai comezar a integrar publicidade agás que se pague un incremento na súa cota mensual non foi agradable, pero mentres en España non sabemos cando comezará a aplicarse esta nota polÃtica, nos EE.UU. entrou en vigor o pasado dÃa 29, e chegou cun detalle máis que tampouco está a agradar: a calidade do streaming con publicidade é inferior.
Hai bastantes tÃtulos en Prime Video que poden verse actualmente con Dolby Vision HDR e Dolby Atmos, pero os usuarios que non pagan a cota de subscrición superior verán a calidade limitada a HDR10 e Dolby Digital 5.1, confirmando dende Amazon que esta baixada na calidade é intencionada.
Haberá que ver como fan en España, pois no noso territorio o esquema de prezos non é igual (por exemplo, aquà non pode contratarse Prime Video fóra de Amazon Prime), pero semella bastante probable que os usuarios que menos paguen vaian recibir unha calidade inferior do streaming, como acontece con outras plataformas como Netflix (na que os usuarios do plan con publicidade teñen limitada a resolución do vÃdeo a 1080p).