O portal Proxector escolma unha ducia de vÃdeos divulgativos sobre o cancro
martes, 10 de febreiro do 2026
Cancro: ciencia e conciencia sobre un desafÃo global é o tÃtulo da nova entrega do portal Proxector, iniciativa de divulgación de recursos audiovisuais que sirvan de apoio á docencia en lingua galega, que organiza o Centro de Documentación Sociolingüistica de Galicia do Consello da Cultura Galega (CCG) en colaboración coa Universidade de Santiago (USC).
Desta volta o portal achega unha ducia de vÃdeos que se suman á conmemoración do DÃa Mundial contra o Cancro. A complexidade biolóxica da enfermidade, algunhas das novas terapias que se están a investigar na actualidade, os factores de risco, prevención... son algúns dos temas que se abordan coa intención de desterrar estigmas e transformar o medo en coñecemento.
Proxector é un espazo web dedicado a recompilar, clasificar e difundir recursos audiovisuais que sirvan de apoio á docencia en lingua galega de diversas materias de bacharelato e de ensino universitario.
O proxecto orixinal foi deseñado polo Servizo de Normalización LingüÃstica da Universidade de Santiago de Compostela e botou a andar no ano 2015 no portal educativo Didactalia. En 2018 o CCG, a través do Centro de Documentación SociolingüÃstica de Galicia (CDSG), sumouse á iniciativa e comezou a participar de xeito activo tanto na súa coordinación como na edición de contidos. Cumprindo coas competencias que lle son propias no eido da preservación e difusión do idioma galego, o CCG acordou asumir tamén a custodia dos datos recompilados ao longo destes anos e que, a partir de agora, estarán ao dispor da cidadanÃa no sitio web institucional.
