O profesor Layton estrea trailer do seu xogo para Nintendo 3DS
mércores, 10 de outubro do 2012
- O xogo chegará localizado ao español
Para dar a
coñecer o que será El
profesor Layton y la Máscara de los Prodigios, xogo que chegará en
exclusiva para as consolas Nintendo 3DS e 3DS XL, dende Nintendo publican hoxe
un trailer do xogo que deixa ver as súas escenas cinemáticas, os seus
quebracabezas e parte do argumento da primeira incursión de Layton nas 3D, da
que poderemos gozar a partires do 26 de outubro, data na que porase á venda totalmente
localizado ao español.
O xogo sitúase en Montedore, vila aterrorizada polo Cabaleiro Enmascarado, do
que o profesor Layton terá que dar conta resolvendo distintos enigmas que o
farán somerxerse no seu pasado (de xeito que permitiranos encargar por momentos
ao profesor cando só tiña 17 anos).
Este novo tÃtulo para as portátiles 3D de Nintendo chega con 150 quebracabezas
aos que se engadirá de xeito descargable 1 novo cada dÃa durante 1 ano, mantendo
asà o interese dos usuarios durante moito tempo.
Novo trailer de El profesor Layton y la Máscara de los Prodigios