O programa Prensa-Escuela renova a súa web

luns, 2 de outubro do 2006 Marcus Fernández

O programa social de La Voz de Galicia, desenvolvido pola Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre e patrocinado por Caixa Galicia, lanzou esta semana unha páxina web con nova imaxe e contidos para achegar información sobre o desenvolvemento do programa que tamén permite a participación por parte de profesores e alumnos.
Nova web do programa Prensa-EscuelaEsta nova web dividirase nunha sección de público acceso e outra privida (para os participantes) consolidándose como unha iniciativa única no eido da educación en Galicia. O novo portal de Prensa-Escuela está deseñado para ofrecer á comunidade educativa distintas ferramentas de traballo, e tamén dispón de recursos con ligazóns a webs de interese, dicionarios, enciclopedias ou bibliotecas on-line. Tampouco falta o suplemento semanal educativo La Voz de la Escuela que cumpre 25 anos de vida durante este curso.