Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O recuncho galego dos videoxogos celebra os seus 4 anos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
VIDEOXOGOS

O recuncho galego dos videoxogos celebra os seus 4 anos

Marcus Fernández
Publicado: 23/10/2024
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

recuncho_4_anos_01.jpgO proxecto Recuncho Gamer está a vivir un grande ano, recibindo galardóns como un Premio Youtubeiras e un dos V Premios Mil Primaveras, así como tamén conseguiu que AGalega estrease o seu programa Xogando en galego, e grazas aos esforzos que están a facer Iago Gordillo e as persoas que colaboran con el (Lara Portela, Jon Amil e Ángela Triana, Rita Calvo e Sara Gurdiel), puideron chegar ata o día de hoxe, no que celebran o seu 4º aniversario cun directo moi especial.
xesus_de_redondela_1v191b.jpgEste proxecto do que saíron creacións como o documental A Coruña nos videoxogos ou o Dicionario Gamer en galego, non para de renovarse e sorprender con detalles como a retransmisión de varias partidas ao xogo Xesús de Redondela, desenvolvido hai anos na Meninas Jam, que convida a meterse na pel de Xesús, camiñando sobre as augas do estuario de Vigo para defender a pesca tradicional galega destruíndo os barcos que se aproximan arroxándolles pans e peixe. Un título bastante absurdo, pero que é unha boa mostra das moitas descubertas que se realizan dende Recuncho Gamer.
En Recuncho Gamer non só se fala en galego sobre videoxogos de calquera tipo, senón que tamén se fai unha reivindicación da localizacións dos xogos ao galego, realizando un importante esforzo na identificación de títulos que están traducidos á nosa lingua, para poñelos en valor e que gañen visibilidade ante o público.
recuncho_gamer_xogo_caminho_en_flash.jpgO directo de hoxe tamén xogaron entre os participantes desta noite (Iago Gordillo, Lara Portela e Jon Amil) a adiviñar os títulos dunha listaxe de mellores videoxogos dunha plataforma en concreto ou o xogo ao que respondían unha serie de pistas gráficas, completando a emisión cunha curiosidade moi especial: un videoxogo moi especial, creado por Iago Gordillo e Lara Portela (con outra compañeira) como proxecto fin de carreira utilizando a tecnoloxía Adobe Flash. Trátase dunha recreación do Camiño de Santiago feito por un peregrino que ten que ir superando distintos minixogos. Unha mostra máis de que en Recuncho Gamer non paran de sorprender aos seus seareiros incluso tras 4 anos de creación audiovisual.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

The Last Way, un videoxogo pixelado que converte o Camiño de Santiago nunha aventura de vinganza
VIDEOXOGOS
2 Min de Lectura
A aventura gráfica The Galician Job recupera o espírito do ZX Spectrum
VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
O Parlamento de Galicia aproba a Lei de Educación Dixital
Actualidade
4 Min de Lectura
A galega Ozona Tech intégrase en Unikal Tech Partners
Actualidade
4 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial
  • Case sete de cada dez galegos teñen competencias dixitais básicas ou avanzadas, preto dun 12 % máis ca hai un ano

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

VIDEOXOGOS

GTA VI facturou 3.790 millóns de dólares o primeiro día

20/11/2026
VIDEOXOGOS

Grand Theft Auto VI ve a luz como un dos xogos mellor valorados da historia

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Star Wars: Galactic Racer incorporará carreiras locais a pantalla partida

18/11/2026
VIDEOXOGOS

Nova remesa de xogos para Game Pass encabezada pola Patrulla Canina

17/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?