O reprodutor de MP3 da Barbie

mércores, 5 de marzo do 2008 Marcus Fernández

O reprodutor multimedia INNO B2 fíxose cunha licenza de Mattel de xeito que se converteu no reprodutor de MP3 da Barbie, que se presenta en cor rosa, con 2 Gb de capacidade, sintonizador de radio FM, pantalla OLED de 96 x 96 píxeles, porto USB 2.0 e un espello de maquillaxe. Tamén soporta ficheiros WMA e JPEG.
Este curioso reprodutor de fabricación surcoreana está orientado ás cativas, mide 52,4 x 54,6 x 15,1 milímetros e pesa 33 gramos.

PUBLICIDADE