O smartphone Canvas Turbo procurará abrir as portas de Europa ao fabricante indio Micromax
venres, 25 de outubro do 2013
Os fabricantes de smartphones asiáticos están a buscar
canles para espallar os seus negocios máis aló dos seus territorios, e a
compañÃa da India coñecida como Micromax xa prepara o seu desembarco con forza
en Rusia e boa parte de Europa, chegando
incluso a contratar ao actor Hugh Jackman como parte da súa campaña de imaxe.
O dispositivo elixido para esta expansión territorial non é outro que o
atractivo Canvas Turbo, un smartphone con
pantalla IPS Full HD de 5 polgadas, procesador MediaTek MT6589T de catro
núcleos a 1,5 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, cámaras de 13 e
5 MpÃxeles, sistema operativo Android 4.2.1, Bluetooth 4.0, radio FM, baterÃa
de 2.000 mAh e soporte para dobre SIM (unha tarxeta SIM normal e outra en
formato micro-SIM), todo encerrado baixo un corpo de aluminio anodizado de só
8,66 milÃmetros de grosor que está á venda en dúas cores (azul medianoite e
branco primitivo) a un
prezo 19.999 rupias (235,81 euros). Un bo terminal para chamar a atención
do público ao combinar unhas prestacións avanzadas, un deseño atractivo e un
prezo axustado.
Hugh Jackman anticipando o lanzamento do Micromax Canvas Turbo
- O Canvas Turbo é un terminal delgado, contruÃdo en aluminio
- O actor Hugh Jackman pon cara ao novo móbil de Micromax
ACTUALIZACIÓN: Novo vÃdeo promocional protagonizado por Hugh Jackman: