O videoxogo galego The Waylanders destaca no segundo día de Mundos Digitales

venres, 6 de xullo do 2018 Marcus Fernández

A segunda xornada da XVII edición de Mundos Digitales estivo marcada pola presenza de relatores de talle internacional capaces de recrear todo tipo de escenarios para grandes superproduccións. É o caso da cidade de Verona para a serie de televisión Still Star Crossed. Rafael Solórzano, José Luis Barreiro, Isaac de la Pomba e Óscar Perea, membros do equipo de El Ranchito, explicaron os retos de xerar escenarios dixitais que respondan non só ás necesidades do guión e os personaxes, senón tamén ao respecto e a exactitude histórica. Solórzano explicou que para alcanzar este rigor histórico contaron coa participación dunha arqueóloga e modelado 3D. Pola súa banda, de la Pomba destacou a combinación de elementos dixitais con localizacións reais en cidades españolas como Cáceres ou Salamanca para recrear a cidade de Romeo e Xulieta. Todos destacaron o traballo artesanal que supuxo este proxecto, onde cada elemento dunha escena era posto de maneira practicamente manual.
Precisamente El Ranchito, unha das empresas punteiras do sector e que realizou producións de éxito como Juego de Tronos ou Boardwalk Empire, participa no proxecto MD 2.0, unha experiencia formativa enfocada aos alumnos de destacados centros de formación de animación e efectos visuais. Un ambicioso proxecto que consistirá na rodaxe dunha curtametraxe con actores e actrices profesionais, e no que se replicará o formato de traballo da produtora HBO con grandes compañías de efectos.
No eido dos videoxogos destacou o relatorio de Fernando Prieto Prado, produtor executivo de Gato Salvaje, unha compañía de referencia na produción de videoxogos coñecida polo seu traballo AR-K: La Gran Evasión. Fernando tivo a ocasión de explicar ao auditorio os retos que supuxo o desenvolvemento da súa última creación, The Waylanders, un videoxogo inspirado en lendas galegas celtas e medievais pero cunha difusión internacional. Prieto explicou que empregaron as últimas tecnoloxías como a captura de movemento en tempo real. Sinalou ademais a importancia de contar cun bo equipo humano e como eles mesmos formaron ao seu equipo formado por 40 persoas. Prieto tamén falou de como The Waylanders pasou traspasado as pantallas e converteuse tamén nun xogo de mesa para crear o mercadotecnica adecuado para crear imaxe de marca.
Tras Prieto os asistentes puideron contar co desenvolvedor de videoxogos canadense Mike Laidlaw, quen traballou en proxectos para BioWare como Dragon Age e Mass Effect, e que compartiu cos presentes como é o traballo de creadores en equipo para conseguir a excelencia.
En paralelo tamén tivo lugar a segunda sesión do obradoiro de creación de personaxes organizado en colaboración co CPEIG e a AMTEGA, no que mozos de entre 14 e 18 anos puideron afondar no proceso de deseño 2D e do modelado 3D de personaxes da man dos creadores de producións como os filmes de Tadeo Jones.
Na sesión da tarde o storyteller Jayse Hassen, desvelou os detalles da creación de hologramas e interfaces de usuario en películas como Los Juegos del Hambre e Star Wars.
Por outra banda, Manuel Ramírez, supervisor de FX en El Ranchito quixo facer fincapé na importancia do departamento de FX para poder adaptar a empresa aos diferentes tipos de proxectos: películas, series, publicidade, etc.
A segunda xornada desta edición ofreceu ademais un amplo abano de obradoiros, onde os interesados puideron aprender da man de grandes profesionais técnicas animación, fotorrealismo e deseño de personaxes. A feira de emprego acolleu a todos aqueles asistentes que desexan facerse un oco nos estudos de referencia.

JPEG - 121.8 KB
Fernando Prieto destacou o seu interese por converter a The Waylanders nun proxecto transmedia, de xeito que non se limitará a un videoxogo, senón que incluso terá xogo de mesa
JPEG - 84 KB
O alumnos do obradoiro de creación de personaxes puideron aprender como é, dende a creación en 2D até o modelado 3D
JPEG - 174 KB
O curso de creación de personaxes organizado en colaboración co CPEIG e AMTEGA foi impartido por un profesional de El Ranchito, compañía detrás de Tadeo Jones

PUBLICIDADE