O xogo dos Happy Tree Friends chegará a vindeira semana para PC e Xbox 360
luns, 16 de xuño do 2008

- Os personaxes arriscando a súa vida nunha perigosa mina
O xogo de SEGA, Happy Tree Friends: False
Alarm, chegará para PC e Xbox 360 o vindeiro día 25 de xuño,
confirmando o fabricante que a
vindeira semana se poderá adquirir a través de Xbox Live Arcade, permitindo
a interacción cos personaxes da popular serie de animación que tanto éxito
conseguiu tanto na Internet coma nalgunhas canles de televisión.
Happy Tree Friend é unha serie moi
violenta e gore, polo que os aspecto
inocente e infantil dos animais protagonistas é só unha licenza artística para
provocar a risa, mentres que o xogo aproveitará a tendencia suicida/homicida
dos personaxes para achegarnos un título con certas reminiscencias dos
populares Lemmings.
O xogo permite manexar aos personaxes máis coñecidos da serie de animación,
reparte a acción en 10 escenarios mortíferos (como unha mina, un museo ou unha
fábrica de doces), un humor fiel ao do produto audiovisual inicial e contidos
exclusivos (vídeos inéditos).
