O2 recupera as conexións de fibra de 300 Mbps
mércores, 10 de decembro do 2025
O pasado verán o operador de baixo custo de Telefónica O2, retirou do seu catálogo as súas tarifas con conexións de fibra a 300 Mbps, deixando en 600 Mbps a velocidade mÃnima contratable, pero agora recupera esa velocidade para achegar ofertas máis competitivas en prezo e reducir a barreira de entrada no operador.
Deste xeito agora é posible contratar unha tarifa de fibra de O2 a 300 Mbps por 23 euros/mes que inclúe liña fixa con chamadas ilimitadas, aÃnda que a tarifa que están a promocionar para captar novos clientes é a que inclúe fibra de 300 Mbps, móbil con chamadas ilimitadas e 30 GB de datos, fixo con chamadas ilimitadas e, como detalle especialmente rechamante, o servizo de televisión Movistar Plus+, cun prezo final de 35 euros/mes.
Cómpre salientar que a fibra de 300 Mbps tamén volve estar dispoñible para segundas residencias, de xeito que o seu prezo queda en 15 euros/mes, o que supón un aforro significativo fronte aos 20 euros/mes da conexión de 600 Mbps e dos 27 euros/mes da conexión de 1 Gbps.
