Orgasmos masivos a prol da paz mundial
martes, 21 de novembro do 2006
Xa pasaron tres anos dende a caÃda de Iraq, mais a guerra que mantén viva EE UU no Golfo Pérsico, lonxe de rematar, semella ir a peor. As manifestacións, folgas e mobilizacións masivas a prol da paz mundial non semellan ter o efecto desexado nas cabezas ocas dos polÃticos que moven os fÃos da violencia, co que os responsables de Global Orgasm puxéronse mans á obra na procura de novas vÃas de actuación tirando rendemento dos seus coñecementos no Proxecto Conciencia Global.
Deste xeito, decidiron que para loitar contra a enerxÃa nuclear non poderÃa haber nada mellor cá enerxÃa humana. Os responsables desta iniciativa, que vai dirixida a convocar voluntarios a través da súa páxina web, viron probable que poñendo de acordo a unha vaga de individuos para que teñan un orgasmo de xeito simultáneo conseguirán canalizar toda a enerxÃa resultante en defensa da paz mundial.
A intención é que os participantes concentren na paz tódolos seus pensamentos de antes e despois do orgasmo (loxicamente nesta volta non contan os finxidos) para proxectar as forzas nun obxectivo común. O resultado da combinación da enerxÃa orgásmica coa intención consciente dos participantes é un (posible) cambio no campo da enerxÃa da Terra cun efecto moito maior cás meditacións e as oracións masivas.
No dito caderno persoal, escrito en inglés pola parella que iniciou o proxecto, convocan a tódolos voluntarios para o vindeiro venres 22 de decembro (á hora e no lugar no que cadaquén queira), aÃnda que non é preciso agardar ata ese dÃa para manter relacións e tratar de canalizar a enerxÃa resultante en boas causas como rematar coa fame no mundo ou coa violencia de xénero.
Tamén é certo que en España ese dÃa celebramos o sorteo de loterÃa máis importante do ano, co que é posible que moitos participantes canalicen os seus pensamentos cara outro obxectivo máis ben económico.
