Os Angry Birds mestúrasen cunha película cinematográfica de animación

luns, 31 de xaneiro do 2011 Marcus Fernández

Nas series de televisión e nos comics é moi popular a fórmula dos crossovers para trasladar o éxito dun produto a outro valéndose dun cruce de personaxes e argumentos, pero dende Rovio e 20th Century Fox van facer historia ao mesturar cine con videoxogo, de xeito que a comedia de animación Rio, dos creadores de Ice Age, que conta a historia dun guacamaio doméstico que cre ser o único da súa especie ata que descubre que hai unha femia da súa especie en Rio de Janeiro, polo que decide emprender unha aventura que chegará aos cines en abril e que inspirou Angry Birds Rio, o novo xogo dos paxaros anoxados que son tan populares en plataformas móbiles, e que desta volta deberán librarse do cativerio ao que se ven sometidos en Rio, onde tamén salvarán á parella de paxaros que protagoniza a nova película de animación da Fox.
Angry Birds Rio chegará en marzo con 45 niveis, aos que se engadirán algúns máis a través de actualizacións, e estará dispoñible tanto para teléfonos como para tablets, o que é toda unha sorpresa polo feito de que xa se agarda unha nova entrega de Angry Birds de cara á celebración do Día dos Namorados.


Trailer do xogo Angry Birds Rio


Trailer da película de animación Rio

PUBLICIDADE