Os Chromecast con Google TV permiten ver as imaxes das cámaras de Google
mércores, 27 de xullo do 2022
Hai 9
anos que Google lanzou o seu Chromecast, unha solución moi práctica para levar
contidos multimedia da Internet a televisores sen capacidades de Smart TV, e
para celebrar o aniversario desta familia de dispositivos anuncian
novas caracterÃsticas para os mesmos, sendo a máis salientable que os
Chromecast con Google TV recibirán soporte de timbres e cámaras Nest,
de xeito que cando chame alguén á porta ou haxa un intruso no noso xardÃn poderemos
ver a imaxe das nosas cámaras de Google directamente no televisor.
Para usar esta función chega
con que lle digamos ao mando a distancia do Chromecast con Google TV que nos
ensine unha cámara e amosará a imaxe en pantalla. Tamén será posible
empregar outros dispositivos conectados para tal función (ou sexa, que
poderemos dicirlle a un altofalante que nos amose a cámara da entrada no
televisor).
Os Chromecast con Google TV tamén poden aproveitarse para ver a pantalla do
noso móbil no televisor, para poder ver en pantalla grande as xuntanzas que
teñamos a través de Google Meet, permiten que varios usuarios na mesma Wi-Fi
poidan xestionar a cola de vÃdeos a reproducir en YouTube (caracterÃstica ideal
para festas) e tamén permite mover as reproducións entre dispositivos (para
poder continuar a reprodución actual noutra estancia).