Os adaptadores D-Link DXN-221 permiten comunicacións de datos nos cables de antena
martes, 21 de abril do 2009
Os usuarios de R
están afeitos a ver coma nos seus domicilios a conexión á rede chega por un
cable coaxial polo que tamén reciben o servizo de televisión, e seguindo esa
mesma filosofÃa D-Link vende unha solución consistente en dous adaptadores HD
MediaBridge modelo DXN-220 que permiten aproveitar as instalacións
domésticas de cable coaxial (por exemplo, as que levan a televisión ás
distintas habitacións) para montar unha conexións de datos Ethernet para
espallar o acceso á Internet por todo un domicilio sen precisar de instalación
e cun rendemento maior e con menos problemas de cobertura que con tecnoloxÃas
sen fÃos.
Estes
adaptadores empregan o espazo libre lo cableado de antena doméstico,
conseguindo velocidades de transferencia de máis de 225 Mbps, polo que servirÃa
perfectamente para acceder remotamente a ficheiros de vÃdeo en alta definición
ou para conectar á rede consolas de videoxogos (normalmente situadas preto de
tomas de antena, por conectarse a televisores).
A principal eiva desta solución serÃa que aÃnda resulta un tanto cara, e o kit
con dous adaptadores custarÃa nos EE.UU. uns 239 dólares (184,69 euros), o que
resulta máis caro que solucións Wi-Fi ou PLC, aÃnda que poderÃa compensar en
certos contornos.