Os cursos de 8 horas de Formación Dixital permiten acreditar o noso nivel de competencias dixitais intermedias
xoves, 22 de xaneiro do 2026
Co inicio do novo ano a Xunta de Galicia impulsa o programa Formación Dixital, unha iniciativa 100% gratuíta, en liña e titorizada para mellorar as competencias dixitais da cidadanía. A formación, dispoñible en galego e en castelán, está dirixida a persoas maiores de 14 anos residentes en España. Inclúe diploma oficial da Xunta (250 horas + 10 ECTS).
A través deste programa, as persoas participantes poden mellorar competencias dixitais, familiarizarse cos trámites coa Administración sen desprazamentos, ter navegacións seguras e contar con máis oportunidades formativas e laborais. Tamén terán a oportunidade de prepararse para a certificación galega ComDix.
A inscrición pode facerse via web.
Formación Dixital é un proxecto para que, en só 8 semanas de curso, poidamos acreditar o noso nivel en competencias dixitais intermedias.
Con esta formación seremos quen de resolver dixitalmente desde cuestións sinxelas do día a día ata outras máis complexas, e coñecer procesos cambiantes nun mundo no que a tecnoloxía avanza en todos os ámbito das nosas vidas.
Como dixemos, ao finalizar a formación, obteremos un diploma acreditativo cunha equivalencia de 250 h. (10 ECTS.) que “pode abrirnos moitas portas tanto a nivel persoal como profesional”, informou a Xunta.
Formación Dixital é un programa de competencias dixitais intermedias ao que xa se sumaron máis de 20.000 persoas, que xa cumpriron un dos seus propósitos.
