Os curtienses poderán formarse no uso do OpenOffice.org

xoves, 24 de xullo do 2008

A Rede de Dinamización da Sociedade da Información organiza un curso sobre o paquete ofimático OpenOffice.org no Concello de Curtis orientado á poboación en xeral, que repartirá as súas 11 horas de duración entre os días 1 e 22 de agosto, e que formará aos asistentes no uso das ferramentas máis importantes e útiles (folla de cálculo, procesador de textos e programa de presentacións multimedia).

PUBLICIDADE